Visitas

2007/11/13

Micro-relatos

Amigos e amigas, ...
animámosvos a que participedes connosco neste concurso de micro/relatos para crear GRANDES historias con poucas verbas.
Porque cunha soa liña podes crear miles de sensacións.
Anímate, quen sabe?, quizais poidas converterte nun pequeno grande escritor.

Xa sabes, manda os teus micro-relatos ao noso caderno de bitácora, que ten as portas abertas para ti.

REFLEXIÓNS DUN HOME NO ANO 3.000
- Abúrrome.
*********************


O EMIGRANTE
-Esquece vostede algo?
-Oxalá.
**********************


O DIA DA NAI
- Felicidades, nai! dixo Norman.
- Grazas, fillo! respondeu Norman, e sorriu.
**********************

1 comentario:

Anónimo dixo...

Xan despediuse. Xa se iba. Abriu a porta e saíu ao exterior. Sen que aínda a porta quedara pechada por completo; Xan xa estaba dentro. Tiña unha expresion facial como se vira algo realmente espantoso. En canto pisou o primeiro escalón caeu morto sobre o chan.

David Revilla Nebreda Nº 11 2º D