Visitas

2009/02/25

A Universidade

Preséntome, son Adrián Pérez, ex-alumno deste instituto e estudante da Universidade da Coruña. Nas seguintes líneas tentarei darvos unha idea aproximada á vida na universidade, esa realidade que está tan preto aínda que vos semelle unha idea lonxeva...

As clases son moi diferentes ao que acostumades ver día a día: Non hai "faltas de asistencia", non hai libros de texto polos que se rixan os profesores, poucos profesores saben o teu nome e, por suposto, non se preocupan de se fas pola túa conta exercicios ou entendes ben a materia pero atenderán as túas dúbidas nos seus despachos (deste xeito si que rematan coñecendo o teu nome). Tampouco temos recreo, se queres comer algo entre clases tes que apurar e tentar perder o menor tempo posible do inicio da seguinte asignatura ou agardar a ter unha hora libre.

Os compañeiros que vandes atopar son de todas partes de Galicia e, no meu caso, a lingua que máis uso con eles é o galego. Indes compartir grandes momentos con eles tanto dentro como fóra das aulas, así como aprenderedes a ver o mundo doutro xeito.

Se estudiades fóra da casa, é onde atoparendes o maior cambio. Non están vosos pais para vos dicir a hora de chegada ou que tes que ter a habitación ordeada (aínda que tampouco un debe "desmadrarse" e esquecer as obligacións que ten).

Eu estudo Enxeñería Informática, unha carreira que xa tiña bastante clara a estas alturas o ano pasado e se algún compañeiro de 2º cavila nesta posibilidade, calquera dúbida que lle poida contestar que o deixe nos comentarios desta entrada e respondereilla ca maior brevidade posíbel.

Unha aperta, e sorte co selectivo ;)

Ningún comentario: