Visitas

2010/02/08

SON “TONTOS” OS GALEGOS?

Se buscamos no na edición virtual do dicionario da Real Academia Española (RAE) (www.rae.es) a palabra "gallego" atopamos distintas acepcións:
1. adj. Natural de Galicia.
2. adj. Perteneciente o relativo a esta comunidad autónoma de España.
3. adj. En Castilla, se dice del viento cauro o noroeste, que viene de la parte de Galicia.
4. adj. Ant., Arg., Col. y Ur. Dicho de una persona: Nacida en España o de ascendencia española.
5. adj. C. Rica. tonto (falto de entendimiento o razón).
6. adj. El Salv. tartamudo.

Pola contra, se buscamos catalán ou vasco, non atopamos tacaño ou bruto respectivamente, a pesar de que son termos moito máis empregados na lingua falada e coñecidos por todos en España, cando as acepcións de "tonto" e "tartamudo" do galego só se utilizan en América.

En 2013, cando se publique a vixésimo terceira edición do dicionario da RAE, será eliminado este sinónimo de galego, e en poucos meses será enmendado este erro na páxina web da RAE. Esta segue sostendo que é un termo empregado en Costa Rica, pero decidiu retiralo xa que non se atoparon documentos escritos sobre o seu uso.
Foi a asociación cultural Garipano quen organizou unha campaña de recollida de sinaturas en Internet para eliminar o seu uso do dicionario, a través da páxina web http://www.aproldalinguagalega.org . Tamén existen outras iniciativas. Unha das máis destacadas é a do BNG, que levou a cuestión ao Congreso a través dunha moción non de lei que instaba ao Goberno a que exisise á RAE que retirase as acepcións por vexatorias e estereotipadas.


Lorena Giráldez González

Ningún comentario: