Visitas

2011/06/13

Poema Lois Pereiro Remorsos

A néboa en Monforte fumadora de opio
é a nai de siluetas furtivas
e saúdo o perigo que brilla
na face escura dos teus soños
a verquer nas veas a bágoa fatal.
E triste non dorme no fondo dos ollos
medrando no reflexo eterno
dos corpos afogados profecías
cando baño a navalla destas artes
no sangue doutro drama que se acolle
no refuxio da túa arte máis lene
coma unha man esférica que acepta.
"Eu son un deus sensual"
e cando cae o sol
fustrigo á beleza (…)

Ningún comentario: