Retrancas.tk é o blog do GNL, Grupo de Normalización Lingüística do IES Sánchez Cantón, independente de calquera partido político ou empresa privada.
Dito grupo está formado por voluntari@s (alumn@s e profesores) que lle teñen agarimo á lingua galega e tentamos fomentala tanto no centro coma na rede.
Cada día son máis as webs e comunidades que escollen o galego para o seu sitio, isto é posíbel pola concienciación da xente, e todo é grazas ás persoas que levan o galego á rede, á tv, aos xornais ou á rúa.
Un saúdo a esta xente(comunidades, blogs, webs, outros grupos de normalización,...) que fan que o galego empece a ter o espazo que lle corresponde en Internet ;)
Visitas
2008/04/16
www.jujel.es
Aínda que Google dispón ao usuario a opción dunha interface en galego, atopamos algo moito máis "simpático" na rede, Jujel, un experimento de Google, ahi tendes a definición dos de google:
Qué é este sitio?
Este sitio é basicamente tres cousas: un servizo público, un experimento en cooperación con Google Inc. para limitar as búsquedas á referencias galegas, e unha páxina simpática para chamar a atención e por en liña dous fenómenos manifestos como son a gheada e o seseo no territorio galego.
Qué utilidade ten?
É o mesmo buscador de Google, saliantando os resultados galegos. Imaxina!
Pouco a pouco veredes como van mellorando as búsquedas.
É unha burla?
Non!. Nin é unha burla, nin ten ningunha intención ofensiva. A gheada e o seseo son completamente normais na fala do galego.
Como xurdiu?
Observando como algunha xente escribía palabra gheantes coma 'Santiajo' nos seus posts e correos.
Por que '.es'?
Porque de momento non hai '.gal'.
Gheada e Seseo
Tes moita información na Galipedia
Está subvencionada?
Respondemos como galegos con outra pregunta: estás de coña?
Non, pero estaría moi ben
Cal é o obxectivo?
Funcionar coma servizo público para que moitos galegos a poidan usar coma páxina de inicio, mellorar o filtrado das buscas de Google e estudar o impacto dun medio na Internet onde se manifestan estes fenómenos fonéticos galegos.
2008/04/08
Terrícolas en galego xa! Participa na súa tradución
A Asociación Animalista Libera! interesouse pola posibilidade de utilizar a ferramenta de tradución da CiberIrmandade co obxeto de que o documental "Earthlings" estivese dispoñibel no noso idioma nos subtitulos. Dende eiquí convidamos a todos e todas a participar neste proxecto .
Earthlings (Terrícolas) é un documental sobre a explotación animal e de cómo a humanidade utiliza de maneira inxustificable ós demais animais para alimentación, roupa, entretenemento e experimentación, cun completo estudo en tendas de animais, refuxios, granxas, comercio de peles e coiro, deportes, espectáculos e festividades, e por último na profesión médica e científica.
Earthlings utiliza cámaras ocultas, e imaxes do día a día das prácticas dalgunhas das máis grandes industrias do mundo que dependen dos animais con fins lucractivos.
A Asociación Animalista Libera!, entidade adicada a defensa e protección animal, ten en Earthlings un dos seus instrumentos de sensibilización máis importantes, e trala creación dunha delegación en Galicia, tamén quere que o documental poda estar subtitulado en galego, xa que ata o momento so se pode disfrutar con subtítulos en castelán.
2008/04/07
Galego na igrexa
Os párrocos que dependen do Arcebispado de Santiago deberán facer todo o que poidan para estender o emprego do galego en celebracións litúrxicas e culturais. Así llelo aconsella o vicario xeral desta institución, Víctor Maroño Peña, nas disposicións para este ano. Entre outras cuestións, recoméndalles aos sacerdotes adiantarse ás solicitudes dos fieis e ofrecerlles servizos na nosa lengua.
Clases de galego para alumnos do estranxeiro
A Universidade de Vigo oferta máis de 30 prazas para coñecer a realidade do país no verán
Estudantes estranxeiros poderán contactar este verán coa realidade cultura, social e natural de Galicia, á vez que aprenderán a lingua galega. Serán máis de 30 prazas para participar nestes cursos que oferta a Universidade de Vigo (UDV), aos que haberá que sumar outros estudantes que poderán contactar co idioma en programas da Universidade de Santiago de Compostela.
Concretamente, a UDV convoca por segundo ano consecutivo 20 prazas para o nivel elemental e 15 para o intermedio para viaxar a Galicia desde o estranxeiro en dúas fases durante xullo, do 1 ao 11 e de 12 ao 24 dese mes. Ademais, as clases realizaranse entre Vigo e Allariz.
Para iso, a institución convocará 25 bolsas de 450 euros cada unha que se outorgarán aos mellores expedientes, mentres que os desprazamentos entre as dúas localidades correrán a cargo da organización. En todo caso, o prazo de inscrición finalizará o vindeiro venres día 11 de abril. Deste xeito, os estudantes realizarán unha visita guiada polos petróglifos do Val Miñor e acudirán ao Museo de Castrelos para coñecer restos arqueolóxicos e pintura. En Baiona e na Guarda, os universitarios poderán contemplar a paisaxe, castros e arquitectura medieval; mentres que na Península do Morrazo, a paisaxe, as praias e os castros serán os protagonistas.
Así mesmo, o programa inclúe unha visita aos museos de muíño, do xoguete e do coiro de Allariz; ao museo Liste e ao Mosteiro de Oseira; á Citanía de San Cibrao e a Celanova e Bande, nas que coñecerán a arquitectura prerrománica. Ademais, outras das visitas destacadas será aos Canóns do Río Sil e as Medulas, en Ourense, e unha viaxe a Santiago de Compostela. No apartado musical, farán un taller co grupo Ultreia, que nas súas actuacións chegan a tocar ata medio centenar de instrumentos diferentes; estarán co Combo Roxo, un grupo músico-teatral con letras humorísticas; e escoitarán ao cantautor Leo de Matamá, que interpreta temas punk

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)