Visitas

2007/10/23

O galego, mil anos

¿Está o idioma galego en disposición de celebrar os seus primeiros mil anos de existencia? «Seguro», responde Basilio Losada, o primeiro catedrático de Filoloxía galega e portuguesa que houbo na Universidade de Barcelona. O galego, ou o xerme do que evolucionaría ata o que hoxe coñecemos como lingua oficial de Galicia, comezou a balbucirse no entorno dos campamentos romanos instalados no territorio máis noroccidental da Península e iniciou a súa expansión coa decadencia de Roma.[...]

«Entre o século X e o XI, pode dicirse que a xente xa non entendía o latín», continúa Losada «e, no XII, esa nova lingua empeza a escribirse». Ata onde se sabe, é a cantiga satírica Ora faz ost'o senhor de Navarra o documento literario máis antigo escrito nunha lingua que xa non era o latín, senón o que se deu en chamar galego. Escribiuno o trobador Joam Soares Paiva contra o ano 1200.

[...]Se ata alí ninguén investigador o remedia, haberá que esperar aínda preto de douscentos anos para celebrar o primeiro milenio do galego. Aínda que todo é cuestión de interpretar as cousas: «Cando unha lingua empeza a escribirse, ten detrás ao menos dous séculos de implantación oral», aclara Basilio Losada. Outros expertos, como o profesor Henrique Monteagudo, comparten a teoría. Logo, o galego ten mil anos.

Información: chuza.org www.lavozdegalicia.es

Ningún comentario: