Visitas

2007/10/28

Participa!!


No GNL temos unha chea de proxectos para que participes, cada pouco iremos abrindo neste apartado os diferentes concursos e certames (tales coma conto aberto, microrrelatos, ...) para que ti deixes no comentario (co teu nome, apelidos e curso ) da correspondente entrada o teu relato, final dun conto, ideas ou simplemente unha recomendación. Participa!!

1 comentario:

Anónimo dixo...

HISTORIA


Era o meu primeiro día no I.E.S Sánchez Cantón, aínda que para os demais xa comezara había algúns meses. Podo lembrarme daqueles días como se fosen hoxe mesmo e creo que os seguirei lembrando toda a miña vida.
Era luns, cando a secretaria me levou a aula de 1º de bach-D xa todos estaban dentro, mesmo ela, esa muller baixiña de gafas y de pelo violeta, si, tamén estaba ela.
Que diferente era esa clase da que tivera eu, había tanta xente, tantas caras ledas... Senteime nun pupitre baleiro ó final da clase, todos me miraban e a mestra preguntoume polo meu nome.
-Lolo- dixen case sen voz.
O rematar a clase a mestra achegouse a min e díxome que si algunha vez necesitaba falar ou tiña algún problema, podía falalo con ela. A mañá seguiu sen problemas, todos se mostraban moi amábeis comigo, incluso Guillerme que o principio semellaba tan pouco falador (niso parecémonos).
Saín da clase e dirixinme ó meu centro, esa merda de centro no que xa levo case sete anos, e alí esperábame o meu titor para darme a peor noticia que podía recibir: o meu pai estaba a piques de sair do cárcere e quería a miña custodia, ese malnacido que matou a miña nai a golpes canto eu a penas contaba con nove anos, non sei como puido sequera pensar en que voltaría a vivir con el despois de que sexa o causante de todos os meus problemas e de que non poida durmir polas noites sen antes tomar un Valium.
Pasei toda a noite pensando no que podería facer en non me saían da cabeza as palabras que me dixera a mestra, ¿debería contarllo? Decidín que si.
O día seguinte fun directamente o departamento de galego e preguntei por ela, dixéronme que tiña clase. Botei toda a mañá pensando no tema ata que chegou a hora do recreo e voltei ó departamento. Agora si, encontreina e conteille todo o que me acontecera o día anterior, e todo o meu pasado, ela mirábame sen a penas decir nada. Cando rematei prometeume que non llo ia contar a ninguén e que me axudaría no que puidese.
Pasamos as seguintes semanas reuníndonos con avogados e pensando nas posíbeis solucións. Na súa cara notábase o cansanzo e as horas sen durmir pensando no tema.
Chegou o día do xuízo e tiña que pasar por esa situación que temía tanto, tiña que volverlle a ver a cara o meu pai. O xuízo desenvolveuse con normalidade aínda que había momentos nos que eu xa daba todo por perdido. Cando chegou o momento do veredicto pensei que mexaba polos pantalóns dos nervios que tiña, non podía deixar de mirar a miña mestra que me tranquilizaba coa súa mirada serena. Negáronlle a custodia ó meu pai, dixeron que viviría neste centro ata rematar os estudos.
E aquí estou agora, na mesma merda de centro, pero sabendo que hai alguén fora con quen podo contar.


Sabela Cornes Vilas nº11
Sara Lusquiños Torres nº24