Visitas

2007/11/05

Vivamos como galegos!!

Famoso vídeo na rede e televisión dunha empresa de supermercados homaxeando aos galegos e á cultura galega:

1 comentario:

Anónimo dixo...

Somos uns cantos mozos e mozas que formamos parte do grupo de normalización lingüística (GNL) do instituto Sánchez Cantón de Pontevedra. Neste grupo procuramos o uso do galego no día a día en todos os medios e en todas as idades.
Navegando pola rede atopámonos cun video, tamén televisado, que ten moita sona nas últimas semanas. Este anuncio forma parte da campaña publicitaria da cadea galega de supermercados Gadis. Esta pretende facernos ver que a vida en Galicia é diferente do resto de España; que os galegos temos un xeito de ver a vida moito máis alegre e positivo.
Desde aquí queremos darlle a noraboa ao supermercado Gadis, en especial a todos aqueles que participaron na elaboración deste video; e podemos dicir que non temos ningunha crítica que facerlle, ao contrario, estamos moi orgullosos de que alguén que poida ver as cualidades e a boa vida que ten un galego xa que nos días que corren son todos críticas negativas.

VIVAMOS COMO GALEGOS!!
Paula Martínez Gestoso, Carla Varela Rodríguez, Jacobo González Calvo e demais membros do GNL