Hai un corrector automático para Office 2000, XP e 2003. A súa descarga é gratuíta e está dispoñible na páxina de Microsoft. Actualiza o paquete Office deses tres sistemas operativos ou calquera das súas aplicacións (MS Word - MS Access - MS Excel - MS Powerpoint - MS Outlook) para integrar este novo corrector dentro das súas opcións de corrección.Permite a corrección de erros ortográficos e tipográficos, segundo o vocabulario galego normativo actualizado que recolle a nova norma da Real Academia Galega (2003).
Tamén contamos co Ortogal, corrector automático en liña, da Universidade de Vigo.
2 comentarios:
Una pregunta sobre los correctores: el de Office (o actualizacion) te cambia las preferencias que tienes insertadas en tu intalacion de tu office y el ortogal de la pagina de vigo de corrector ortográfico no tiene nada es un traductor le e puesto el verbo ser en gallego si tilde y no lo a visto le e puesto Antón y no vió la tilde (poco corrector)
O Ortogal é un CORRECTOR ORTOGRÁFICO e funciona á perfección, xa que eu tamén puxen Anton sen til e notou o erro, abriuse un cadriño para onde apareceu a palabra con outras opcións, fíxate que non teñas Bloqueo a ventanas emerxentes.
Un saúdo,
PD: en galego entendémonos mellor ;)
Publicar un comentario