Visitas

2008/05/21

Presentación do libro de Xurxo Mariño

FOTO DE XURXO MARIÑO CO PROFESORADO DE GALEGO

Este venres visitounos Xurxo Mariño para presentar o seu novo libro "Pó de estrelas" no instituto. Tivo unha charla co alumnado de 4º da ESO e 1º BAC. Comezou contándolles o curioso que resulta que neste instituto o interese e promoción dos seus libros vén da man do profesorado de Lingua Galega tratándose de asuntos científicos. E que lle parecía ben, que a cultura científica é cousa de todos, que non debería haber ciencias e letras, que hoxe cos coñecementos que temos a maioría da xente seguía tan iletrada cientificamente como os seus devanceiros de hai centos de anos.
Falou do Sol (sobre unha foto do día), das viaxes a outros planetas, da posible vida extraterreste e da súa especialidade, o cerebro humano… mesmo fixo algún pequeno experimento co público. Logo asinou libros e respondeu ás preguntas dun grupo de interesados lectores. E non tiña ningunha pinta de científico (cal pode ser a pinta dun científico???), era un tipo informal, divertido e amable con todos.

Fonte: http://mesturas.blogspot.com/2008/05/xurxo-mario.html

2008/05/11

Xogo acerca de Álvarez Blázquez

O blog de ensino galego agasalla a todos os estudantes con este xogo acerca a vida do Letras Galegas de este ano, Álvarez Blázquez:
Aquí

Parabéns aos gañadores!!

2008/05/02

Galiza nos selos da Illa de Man


Galiza aparece na edición de selos de Illa de Man sobre "nacións celtas"

Á beira de Escocia, Irlanda ou Gales, a escolma inclúe estampa coa bandeira galega e a frase
"Unha terra, un povo e unha fala".

Baixo o paraugas británico malia gozar dun estatus xurídico e político propio, con parlamento incluído e competencia sobre os asuntos domésticos, a Illa de Man edita periodicamente os seus propios selos.

Desta volta, o goberno emitiu a través da súa administración postal, unha edición especial, coincidindo co Festival Intercéltico, e adicada ás "nacións celtas". Son oito estampas que inclúen as bandeiras de Galiza, Man, Irlanda, Escocia, Gales, Bretaña, Cornualles e Asturias.

Alén das bandeiras nacionais, cada selo inclúe unha frase na lingua propia de cada lugar. No caso de Galiza, a frase escollida é "Unha terra, un povo e unha fala". O selo da Illa de Man leva impreso o lema "Gyn chengey, gyn cheer", en galego: "Sen lingua non hai país".

Os selos das nacións celtas poden mercarse na web do propio executivo.

http://www.vieiros.com/nova/66226/galiza-aparece-na-edicion-de-selos-de-illa-de-man-sobre-nacions-celtas

Xurxo Mariño presentará o seu libro no Sánchez

O máis probábel é que o día 16 de maio ás 12 horas, Xurxo Mariño presente o seu novo libro "Pó de estrelas" no paraninfo do IES Sánchez Cantón contando coa presenza dos alumnos de primeiro de bacharelato. Agardamos con impacencia a presentación dun dos autores máis lidos en 2º de bacharelato. Lembrávomos que podedes ler a entrevista a Xurxo Mariño feita tempo atrás en entradas anteriores no blog.

GNL,