Visitas

2008/05/21

Presentación do libro de Xurxo Mariño

FOTO DE XURXO MARIÑO CO PROFESORADO DE GALEGO

Este venres visitounos Xurxo Mariño para presentar o seu novo libro "Pó de estrelas" no instituto. Tivo unha charla co alumnado de 4º da ESO e 1º BAC. Comezou contándolles o curioso que resulta que neste instituto o interese e promoción dos seus libros vén da man do profesorado de Lingua Galega tratándose de asuntos científicos. E que lle parecía ben, que a cultura científica é cousa de todos, que non debería haber ciencias e letras, que hoxe cos coñecementos que temos a maioría da xente seguía tan iletrada cientificamente como os seus devanceiros de hai centos de anos.
Falou do Sol (sobre unha foto do día), das viaxes a outros planetas, da posible vida extraterreste e da súa especialidade, o cerebro humano… mesmo fixo algún pequeno experimento co público. Logo asinou libros e respondeu ás preguntas dun grupo de interesados lectores. E non tiña ningunha pinta de científico (cal pode ser a pinta dun científico???), era un tipo informal, divertido e amable con todos.

Fonte: http://mesturas.blogspot.com/2008/05/xurxo-mario.html

Ningún comentario: