Visitas
2008/05/02
Galiza nos selos da Illa de Man
Galiza aparece na edición de selos de Illa de Man sobre "nacións celtas"
Á beira de Escocia, Irlanda ou Gales, a escolma inclúe estampa coa bandeira galega e a frase
"Unha terra, un povo e unha fala".
Baixo o paraugas británico malia gozar dun estatus xurídico e político propio, con parlamento incluído e competencia sobre os asuntos domésticos, a Illa de Man edita periodicamente os seus propios selos.
Desta volta, o goberno emitiu a través da súa administración postal, unha edición especial, coincidindo co Festival Intercéltico, e adicada ás "nacións celtas". Son oito estampas que inclúen as bandeiras de Galiza, Man, Irlanda, Escocia, Gales, Bretaña, Cornualles e Asturias.
Alén das bandeiras nacionais, cada selo inclúe unha frase na lingua propia de cada lugar. No caso de Galiza, a frase escollida é "Unha terra, un povo e unha fala". O selo da Illa de Man leva impreso o lema "Gyn chengey, gyn cheer", en galego: "Sen lingua non hai país".
Os selos das nacións celtas poden mercarse na web do propio executivo.
http://www.vieiros.com/nova/66226/galiza-aparece-na-edicion-de-selos-de-illa-de-man-sobre-nacions-celtas
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario