Visitas

2007/11/26

Certame Poético das Letras Galegas 2008



CERTAME POÉTICO LETRAS GALEGAS 2008


O GNL, Grupo de Normalización Lingüística, en colaboración coa ANPA, Asociación de Nais e Pais do Alumnado, do IES Sánchez Cantón convoca un certame poético, segundo é tradición, co gallo das Letras Galegas 2008, en lembranza de Xosé María Alvaréz Vazquez. O concurso rexerase polas seguintes bases:

1. Pode participar o alumnado matriculado no Sánchez Cantón, con traballos poéticos orixinais en galego, de extensión e tema libres.
Cada participante pode presentar cantas composicións queira.
2. Categorías en que poden concursar:

CATEGORÍA A: ata 15 anos.

CATEGORÍA B: máis de 16 anos.

3. Entrega dos traballos.

3.1. O prazo de entrega rematará o día 5 de maio de 2007.
3.2. Os traballos presentaranse asinados cun pseudónimo. Tamén se xuntará un sobre cos seguintes datos:
- por fóra: o pseudónimo e a categoría na que participa.
- por dentro: un papel co nome, curso e grupo.
3.3. Os poemas poden entregarse a calquera dos profesores de Lingua Galega e Literatura ou aos membros do Grupo de Normalización Lingüística.

4. Premios:
Haberá un premio e un accésit para cada unha das dúas categorías.
Os premios consistirán en diplomas conmemorativos e vales para lotes de libros.

5. Xurado:
O xurado estará composto por alumnado do GNL e profesorado do Departamento de Lingua Galega e Literatura.
O veredicto darase a coñecer en datas próximas ao Día das Letras Galegas

2007/11/13

Micro-relatos

Amigos e amigas, ...
animámosvos a que participedes connosco neste concurso de micro/relatos para crear GRANDES historias con poucas verbas.
Porque cunha soa liña podes crear miles de sensacións.
Anímate, quen sabe?, quizais poidas converterte nun pequeno grande escritor.

Xa sabes, manda os teus micro-relatos ao noso caderno de bitácora, que ten as portas abertas para ti.

REFLEXIÓNS DUN HOME NO ANO 3.000
- Abúrrome.
*********************


O EMIGRANTE
-Esquece vostede algo?
-Oxalá.
**********************


O DIA DA NAI
- Felicidades, nai! dixo Norman.
- Grazas, fillo! respondeu Norman, e sorriu.
**********************

2007/11/12

fotos de grupos

Star Wars, en galego!!!!

Se queres anunciarnos na túa páxina web, copia o noso banner facendo "clic" na imaxe.

2007/11/05

Vivamos como galegos!!

Famoso vídeo na rede e televisión dunha empresa de supermercados homaxeando aos galegos e á cultura galega: