Visitas

2009/06/18

2009/05/25

Por que non en galego?

Por que non atopamos máquinas expendedoras que empreguen a nosa lingua? Por que non se usa máis o galego no comercio e na industria? E na igrexa? Por que non podemos mercar DVDs das películas que nos gustan subtituladas en galego? Por que non ...?

Isto mesmo se preguntan os gañadores do 1º premio do II Concurso Popular de vídeos "Mobilízate pola lingua" da Mesa pola Normalización Lingúística da zona de Lugo, que se fallou o 14 de maio.

O concurso pretendía que os rapaces e rapazas de toda Galiza gravasen cos seus teléfonos móbiles situacións da súa vida cotiá nas que tivesen problemas ou dificultades para poder expresarse en galego. Isto é o que nos mostran os integrantes do ENDL do CPI Cernadas de Castro de Lousame:

Por que en galego?

Poden elixir os pais a lingua no ensino?


Luís Villares, xuíz e coautor do Estatuto xurídico da lingua galega, cuestiona desde diferentes puntos os plans da Xunta. En 1994 o Tribunal Constitucional pronunciouse sobre a lei de normalización lingüística de Cataluña e deixou claro -resalta- que os pais non teñen dereito a elexir a lingua do ensino.

"Esa facultade correspóndelle só ao poder público". O feito de que quixese descargar nos pais a responsabilidade de determinar cal é a lingua vehicular do ensino sería unha abdicación dunha función que lle corresponde legal e constitucionalmente, e xa que logo, sería ilexítimo"

O xuíz é crítico ademai co modo en que se está emplegando o término libertade en todo este asunto. "Para que haxa liberdade de escolla ten que haber igualdade de condicións das linguas, e esa non é a situación que temos hoxe. E o que ten que facer a escola é precisamente prepararte para poder escoller"..

Ese papel obriga o Governo a unha protección especial do galego, engade. É así porque ten a obriga de fomentar a lingua que está en condicións sociolingüísticas desfavorables, tal e como contempla a Lei de Normalización Lingüística (1983), que é en sí unha asunción do poder lexislativo de que o galego está en desventaxa.

A obriga tamén reside no artígo 9.2 da Carta Magna, que lle obriga a promover as condicións para que "a libertade e a igualdade do individuo e dos grupos" sexan reais.

Máis do 50%, é lícito

Por iso -valora- a posibilidad de que máis de 50% do currículo se imparta en galego que recolle o decreto do bipartito é lícita, dacordo col principio da discriminación positiva para alcanzar a igualdade efectiva: "Para interpretar correctamente a lei temos que ter en conta os datos sociolingüísticos, que revelan unha perda progresiva de falantes e un ámbito raquítico no que o galego está normalizado. Todo o entramado social e desgaleguizador, e a única maneira que ten o poder público de neutralizalo é garantindo que no ensino se adquira unha maior competencia en galego".

O Tribunal Constitucional determinou ademais nos 80 que as leis de normalización deben ser de aplicación gradual e progresiva. "E iso obriga a que se vaia de menos a máis, e cun horizonte definido, nunca unha política de normalización regresiva", recalca el experto.

Facer o contrario, como parece agora pretender a Xunta de Galicia, iría en contra "da letra e o espírito" da Lei de Normalización, pero tamén da Carta Europea das Linguas Minoritarias, un tratado internacional que España debe cumprir, e que reza que a ensino terá que ser vehiculizado na lingua minorizada.

Ramón Piñeiro

2009/04/27

2009/03/16

2009/02/25

A Universidade

Preséntome, son Adrián Pérez, ex-alumno deste instituto e estudante da Universidade da Coruña. Nas seguintes líneas tentarei darvos unha idea aproximada á vida na universidade, esa realidade que está tan preto aínda que vos semelle unha idea lonxeva...

As clases son moi diferentes ao que acostumades ver día a día: Non hai "faltas de asistencia", non hai libros de texto polos que se rixan os profesores, poucos profesores saben o teu nome e, por suposto, non se preocupan de se fas pola túa conta exercicios ou entendes ben a materia pero atenderán as túas dúbidas nos seus despachos (deste xeito si que rematan coñecendo o teu nome). Tampouco temos recreo, se queres comer algo entre clases tes que apurar e tentar perder o menor tempo posible do inicio da seguinte asignatura ou agardar a ter unha hora libre.

Os compañeiros que vandes atopar son de todas partes de Galicia e, no meu caso, a lingua que máis uso con eles é o galego. Indes compartir grandes momentos con eles tanto dentro como fóra das aulas, así como aprenderedes a ver o mundo doutro xeito.

Se estudiades fóra da casa, é onde atoparendes o maior cambio. Non están vosos pais para vos dicir a hora de chegada ou que tes que ter a habitación ordeada (aínda que tampouco un debe "desmadrarse" e esquecer as obligacións que ten).

Eu estudo Enxeñería Informática, unha carreira que xa tiña bastante clara a estas alturas o ano pasado e se algún compañeiro de 2º cavila nesta posibilidade, calquera dúbida que lle poida contestar que o deixe nos comentarios desta entrada e respondereilla ca maior brevidade posíbel.

Unha aperta, e sorte co selectivo ;)