Visitas

2007/12/22

Galiza vs Camerún


Este 27 de decembro en Balaídos xogará a selección galega de fútbol contra a selección de Camerún con algúns xogadores da talla de Samuel Eto´o. O partido será as 9 da noite, e moitos son os que dín que se vai encher o estadio, así que todos ca selección!!

2007/12/17

Himno Galego


HIMNO

"¿Que din os rumorosos
na costa verdecente
ao raio transparente
do prácido luar?
¿Que din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar?

- Do teu verdor cinguido
e de benignos astros
confín dos verdes castros
e de valeroso chan,
non des a esquecemento
da inxuria o rudo encono,
esperta do teu sono
Fogar de Breogán.

Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso ronco son,
mais só os ignorantes
e féridos e duros,
imbéciles e escuros,
non os entenden, non.

Os tempos son chegados
dos bardos das idades,
que as nosas vaguidades
cumprido fin terán;
pois onde quer xigante
a nosa voz pregoa
a redención da boa
Nación de Breogán."




Tamén en versión ska

2007/12/13

Unha revista de humor en galego.


É sabido que os galegos temos un humor característico, e para que non fique esquecido, saíu aos quioscos a revista "Retranca" xa vai polo seu segundo número, se queres votar unhas risas en galego, non o dubides, bótalle unha ollada.

Vivamos como galegos!! Nadal!

Un supermercado galego despois do éxito do seu vídeo publicitario "vivamos como galegos" (pódese ver nesta mesma etiqueta) decántase por un vídeo semellante para o Nadal.



Así mesmo, aproveitamos para deixar os enlaces ao vídeo anterior subtitulado ao inglés:
http://youtube.com/watch?v=7Pb5n50SyKI

2007/11/26

Certame Poético das Letras Galegas 2008



CERTAME POÉTICO LETRAS GALEGAS 2008


O GNL, Grupo de Normalización Lingüística, en colaboración coa ANPA, Asociación de Nais e Pais do Alumnado, do IES Sánchez Cantón convoca un certame poético, segundo é tradición, co gallo das Letras Galegas 2008, en lembranza de Xosé María Alvaréz Vazquez. O concurso rexerase polas seguintes bases:

1. Pode participar o alumnado matriculado no Sánchez Cantón, con traballos poéticos orixinais en galego, de extensión e tema libres.
Cada participante pode presentar cantas composicións queira.
2. Categorías en que poden concursar:

CATEGORÍA A: ata 15 anos.

CATEGORÍA B: máis de 16 anos.

3. Entrega dos traballos.

3.1. O prazo de entrega rematará o día 5 de maio de 2007.
3.2. Os traballos presentaranse asinados cun pseudónimo. Tamén se xuntará un sobre cos seguintes datos:
- por fóra: o pseudónimo e a categoría na que participa.
- por dentro: un papel co nome, curso e grupo.
3.3. Os poemas poden entregarse a calquera dos profesores de Lingua Galega e Literatura ou aos membros do Grupo de Normalización Lingüística.

4. Premios:
Haberá un premio e un accésit para cada unha das dúas categorías.
Os premios consistirán en diplomas conmemorativos e vales para lotes de libros.

5. Xurado:
O xurado estará composto por alumnado do GNL e profesorado do Departamento de Lingua Galega e Literatura.
O veredicto darase a coñecer en datas próximas ao Día das Letras Galegas